sábado. 20.04.2024
somoscomarca_rubia_obras_carreteras_camiños_2021_10_25

O Concello de Rubiá iniciou estes días as obras de mellora en diversos tramos de vías locais como son camiños e estradas que comunican os diferentes núcleos de poboación pertencentes ao municipio. Estes consisten nun dobre tratamento de rega asfáltica.

Os núcleos de poboación beneficiados son os de Castelo, Barrio e A Veiga de Cascallá en dirección a Éntoma. Tamén se levará a cabo o bacheado nas diferentes pistas que afectan a todos as aldeas 

Todas as melloras están financiadas por un lado polo Plan de Infraestructuras de Medio Rural, que aportan 58.000 euros e na outra banda dende o propio consistorio. O Concello de Rubiá aporta un total de 45.000 euros.

No próximo mes adxudicaránse as obras pertecentes ao pobo de Quereño. As mesmas contan cun orzamento de 48.000 euros. Entre outras labores continuaráse co adoquinado da Rúa Quintairo entre outras que se verán afectadas por os cambios destinados a embelecer e mellorar o entorno destes pobos.

Rubiá comienza la obra de mejora en varios viales municipales