sábado. 20.04.2024

Produtos

tradicionais como pan, mel licores así como artesanía estarán presentes no

recinto da Casa da Cultura

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura o 14 e 15 de decembro.

Mercado de produtos tradicionais como mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montarán o posto de adornos de Nadal para recadar cartos para a excursión de fin de curso.

A inauguración será o sábado 14 de decembro, ás 12:00 horas e contarase ca presenza do alcalde Elías Rodríguez. O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.



Desde a Concellería de Cultura informan  que aínda está aberto o prazo para solicitude de postos. Máis información  chamando ó Concello de Rubiá en horario de oficina.

O último día, o domingo ó peche do mercadiño farase entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida a medida que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana