jueves. 29.02.2024
mercadiño nadal de rubiá (13)
O Mercadiño de Nadal de Rubiá xa ten data

Esta é xa a séptima edición dun Mercadiño de Nadal máis que consolidao.  Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada con 21 postos, un máis que o pasado ano.

A data de celebración será o 3 e 4 de decembro na Praza do Concello, onde se instalará una carpa transparente polos lados ao igual que nas dúas anteriores edicións.

mercadiño nadal de rubiá (29)
Chocolatada con churros

Ofrecerase: mel, licores ou aceite de produtores locais. Tamén artesanía en coiro, madeira e comercios locais coma Libraría Teresita ou Trastos, son algúns dos postos nos que mercar agasallos pensando no Nadal. Tamén asociacións Asfaval formarán parte dos expositores, neste caso para dar a coñecer o que fan.

A relación completa de expositores é: Bicas de Manzaneda, Almacenes Pote, Mel O Tío Miguel, Artesanía Enxebre, Barbudos, Trapalladas Artesanía, Asfaval, Libraría Teresita,  Spoombini, Mariposa azul, A Rabuda, Desván de Calcetines, Trastos, As Miñas Cousiñas, O Marquesado, serendipia, raíces Cosmi, Cousiñas de Valde, Artemetal, Castora@Marina, Terras Guigurras e dous postos máis en reserva por si houbera algún ou alguna que non puidera vir.

mercadiño nadal de rubiá (21)

O sábado haberá chocolate con churros e o domingo un magosto non que non faltarán os chourizos e bo viño da zona. Sortearanse cestas con produtos doados polos stands, entre todas as persoas que realizaron algunha compra esta fin de semana.

mercadiño nadal de rubiá (24)

O Mercadiño de Nadal de Rubiá xa ten data