O Mercadiño de Nadal de Rubiá abriu onte as súas portas na Praza do Concello con dous postos máis que o anterior ano. Son un total de 20 os expositores que ofreceran os seus produtos nesta ocasión.
Mel, licores, doces, cosmética natural, tamén artesanía en coiro, madeira e comercios locais coma Libraría Teresita ou Trastosnson algúns dos postos nos que mercar agasallos pensando no Nadal. Tamén asociacións coma De Nai a Nai, Patrulla Felina e Asfaval forman parte dos expositores, neste caso para dar a coñecer o que fan.
A relación completa de expositores é: Mel O Tío Miguel, Artesanía Enxebre, Barbudos, Trapalladas Artesanía, Asfaval, El Rincón del Pastel, De Nai a Nai, Libraría Teresita, Raiola Cosmetics, Spoombini, Raices Cosmi, Mariposa azul, A Rabuda, Desván de Calcetines, Trastos, Patrulla Felina, As Miñas Cousiñas, El Costurero de Susana e O Marquesado.
Hoxe domingo, segundo día de mercado ,estará aberto de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. E si onte os visitantes puideron degustar ás sete da tarde un bo chocolate con doces hoxe, a esa mesma hora haberá un magosto. Un pouco antes do peche sortearanse cestas con produtos doados polos stands, entre todas as persoas que realizaron algunha compra esta fin de semana.
Desde Mel O Marquesado subliñaban a importancia de que todo volva a normalidade e desexaban un 2023 sen tantos atrancos, así o expresaba: «Unirse, socializarse después de dos años de pandemia. Hemos tenido un año bastante duro, sobre todo la gente de Valdeorras y yo espero que acabemos bien el año y que entremos en uno mejor».
Pola súa tarde Cristian Pombo—tallista e artesán da madeira—, de Spoombini avogaba pola recuperación de oficios perdidos como os que el leva recuperado, tallista, cesteiro e zoqueiro. Plantéxase traballar en determinadas épocas ao aire libre para que o vexan e así a ver si prende esta semente. «Eu conservo moitas técnicas do meu abuelo e bisabuelo acia. Como traballar a madera, traballar a madeira en época e cousas así que se están perdendo».