sábado. 20.04.2024

O Mercadiño de Nadal abriu a súas portas este sábado nunha nova ubicación, a Praza do Concello. Nas anteriores edicións, agás o pasado ano que non se celebrou o evento, este mercadiño estaba sitiado na Casa da Cultura.

A covid e a demanda dos participantes tivo moito que ver ca elección deste novo emprazamento. Son 18 os postos que se albergan debaixo da carpa que a través de paredes transparentes deixa ver a panorámica desde esta praza. Mel, doces, artesanía e outros moitos produtos poden mercarse nos postos de: Concello Rubiá, Almacenes Pote, Barbudos, Mel  o Tío Miguel, Ambi, Rincón del pastel, Desveladas, Mariposa Ázul, El Desván de calcetines, 805estudio, Amaya, Asfaval, El Baúl de Aldara, O Marquesado, Raíces Cosmi, David López Nogueira, Raiola Cosmetics e Spoombini  Desings.

No seguinte vídeo podedes ver e escoitar o que nos contaron as persoas que estaban en algún destes postos:

 

Ademais de ver e mercar, unha hora antes do peche  organización agasallou aos presentes con unha chocolatada, na xornada de hoxe e mañá farao cun magosto.

Mañá estará aberto de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os que se acheguen este domingo até Rubiá tamén poderán desfrutar do son dunha charanga contratada para a ocasión.

Cinco anos celebrándose o Mercadiño

 O Mercadiño leva celebrándose cinco anos. Foi Laura Iglesias, concelleira de  Cultura do Concello de Rubiá, a impulsora desta celebración quen en  2016 tomou a iniciativa co fin de por en valor o seu municipio e o comercio e artesanía das súas xentes. Ao longo dos anos fóronse sumando artesáns e comerciantes doutros puntos da comarca e mesmo doutras rexións.

Agás o pasado ano que por mor da covid non se levou a cabo tivo continuidade desde o comezo, iso si, até este ano a Casa da Cultura era a súa ubicación. Segundo lle contou Laura a somos comarca levan un mes cos preparativos e desde o concello agradecen a todos os postos que viñeran. A verdade é que non contabamos con tanta afluencia».

Imos ao Mercadiño de Nadal de Rubiá?