viernes. 29.03.2024
Rubiá

Audio. Rubiá celebra o segundo Mercadiño de Nadal

O sábado día 2 de decembro, ás 12:30h na Casa da Cultura, tivo lugar a inauguración do segundo "Mercadiño Navideño de Rubiá" que permanecerá aberto ata o domingo 3 en horario de 12:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h durante toda a fin de semana. Postos de artesanía de todo tipo, desde labores de ganchelo a xoias feitas con estaño repuxado ou con cápsulas de café ate adornos navideño, todo ten cabida. Dentro da celebración da feira, inclúese a entrega dos premios do concurso de fotografía Rubiá, outono sen filtros organizado polo concello, programada para o domingo ás 17:00h.

O importante como nos dicía a organizadora Laura Iglesias é que a xente o pase ben e darlle un pouco de vida ó pobo. O traballo da organización e totalmente altruista e como nos dicía Iglesas “con estas pequenas cousas o que queres conseguir é que a xente se mova”. Pero Laura non está sola nesta aventura, “a sorte que teño é que sempre teño axuda dos amigos e o visto bo do alcalde, esto facilita moito as cousas”.

Segundo Elías Rodríguez, alcalde de Rubiá, encargado de dar o pistoletazo de saída a este evento, o vindeiro ano voltará haber de novo “Mercadiño”, xa que como comentou “o ano pasado saíu moi ben e un motivo para continuar ademais este ano hai máis xente e está moi ben”. Respecto as actividades de Nadal, segundo Rodríguez estarán adicadas maiormente os nenos, con obradoiros na Casa da Cultura con un monitor, haberá xogos e películas con un monitor, haberá unha excursión e tres días de inchables gratuítos para os pequenos de Rubiá.

Nenos do colexio Virxe do Camiño de Rubiá

Neste posto atopamos adornos de Nadal feitos polos rapaces do colexio público da localidade. Centros feitos con unha base de madeira de carballo, velas dentro de tarros de iogur, árbores de Nadal feitos con fío, lapis de reno, árbore ou Papá Noel, estrelas de paus de xeado, doces con formas típicas do Nadal.

Silvia Arias

No posto desta autodidacta do ganchelo podemos atopar panos feitos en fío gordo nesta modalidade e tamén colos, bufandas e gorros de pelo por dentro e algodón de bonitas cores por fora. Tamén hai mochilas de tea.

Rosa María

Esta artesán do ganchelo leva toda a vida facendo labores nesta modalidade pero tamén tece cás agullas. No seu posto atopamos mantas para os pequechos, moedeiros, amigurumis, bonecos feitos a crochet que tanto lle gustan aos máis pequechos e cos que se senten ben acompañados e protexidos de noite.

Ana Moral

Bisutería de todo tipo, aros para as orellas, chaveiros e bonequería soft, bonecas feitas a man con tea elástica e licra siliconada que son moi suaves ao tacto.

Cristina

Nada máis entrar atopámonos de fronte cunha mesa de cumpre anos brasileira que como nos contaba Cristina, no seu pais para celebrar os aniversarios fan estas mesas con adornos de globos e moitos doces. Neste caso os doces son feitos con castañas, coco e chocolate.

Castora

Un posto de xoias feito con cápsulas do café nos que podemos atopar aneis, gargantillas, colares, broches para o pelo e a roupa, sen dúbida o posto que máis impacta.

Amaya

Pan feito en forno de leña con masa nai ou formento. Está artesá do pan ten no seu posto empanadas de maravallas, de zorza ou de mazá. Bolos preñados, pan de centeo, de castañas e pasas, de cereais ou roscas doces.

Manoli

Un posto no que podes atopar carteiras de pel de Ubrique, bixutería, chaveiros, reloxos, cremas, tecidos, panos, patucos feitos a man, mandís ou xoguetes de madeira.

Ana Vila

A segunda man nun posto no que atopar esas cousas que a un non lle valen e que outro quere. Zapatas, roupa, revistas de coches, contos....

M. Victoria

Artesán do estano, Maria Victoria, xa estivo o pasado ano no Mercadiño e no presente trae novidades como broches ou dedais feitos con pasta polimérica. O estano repuxado e sen dúbida a súa especialidade na que fai pendentes, pulseras ou aneis

Audio. Rubiá celebra o segundo Mercadiño de Nadal