lunes. 05.12.2022

Laura Iglesias: «Creo que o Mercadiño de Nadal de Rubiá vai ser o primeiro da Comarca»

Celebrarase a primeira fin de semana, o 3 e 4 de decembro e haberá chocolatada, magosto e agasallos
somoscomarca_rubia_mercadiñodenadal_navidad_mercadillo_2021 (11)
Laura Iglesias: «Creo que o Mercadiño de Nadal de Rubiá vai ser o primeiro da Comarca»

O Mercadiño de Nadal de Rubiá será dos máis madrugadores da comarca. Celebrarase o 3 e 4 de decembro e situarase na praza do Concello, como o pasado ano. «O emplazamento o ano pasado foi un acerto, porque aínda que facía frío fóra tanto dentro coma fóra da carpa creouse moi bo ambiente», subliña a concelleira de Cultura de Rubiá, Laura Iglesias, ao respecto da nova ubicación.

O sábado haberá unha chocolatada as sete da tarde e o domingo a esa mesma hora un magosto. Ademais ao remate do mercadiño, o domingo, sortearanse unhas cestas con produtos dos expositores. «Nós non lle cobramos aos dos postos, e o ano pasado, pedímoslles que nos désen algún produto para obsequiar aos que visitasen o recinto é a verdade e que todos nos deron algo. Co recadado fixemos 3 cestas e sorteámolas entre os que fixeron compras na feira», explica Iglesias. Este ano agardan facer o mesmo, de tal xeito que a todos os visitantes que fagan algunha compra daráselle unha rifa que entrará no sorteo.

somoscomarca_rubia_nadal_navidad_mercadillo_2021 (28)
Doces que acompañaron a chocolatada o pasado ano

Quérese chegar ó mesmo numero expositores que o pasado ano, que foron 18. «Pois polo menos os dezaoito, e dáme a min que polo menos algún máis igual poda haber. O Ano pasado falei con todas as mulleres e homes dos postos e quedaron moi contentos. Así que eu espero que polo menos manteñamos os 18», subliña Laura.

somoscomarca_rubia_nadal_navidad_mercadillo_2021 (23)
O artesán local da madeira Christian Pombo, Spoombini, mostrando os eu traballo o pasado ano

«O ano pasado foi un éxito, tanto para a xente que veu a comprar como para os dos postos que quedaron encantados», fai notar a concelleira que leva organizando este mercadiño desde o 2016. «Todo comezou no baixo da Casa da Cultura, e grazas a todos os postos que se puxeron e a xente que veu, porque sen a xente que ven aos mercadiños e imposible que se consoliden. Desde o 2017 a hoxe en día en 2022 podamos facelo, que por riba os postos aumentaran, que axente veña súper contenta, que haxa un montón de ambiente pois a verdade é que é moi gratificante», resalta Laura.

Posto dos nenos do colexio de Rubiá no Mercadiño de 2017

Inaugurarase o sábado, 3 de decembro, ás 16.00 horas e os horarios de apertura serán: sábado de 16.00 a 20.00 horas e o domingo de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Laura Iglesias: «Creo que o Mercadiño de Nadal de Rubiá vai ser o primeiro da Comarca»