miércoles. 21.02.2024
somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (5)
somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (5)

As cinsas de Antonio Castro Voces descansan ao carón da súa nai, o seu pai e a súa irmá, como el quería, no cemiterio de Quereño. Así o manifestou Blas Eceiza Rodríguez, o seu gran amigo que portou a urna cineraria até o cemiterio.

somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (4)
somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (4)

Unha emotiva cerimonia relixiosa na igrexa de Quereño na que non faltaron persoeiros da cultura e do Instituto de Estudios Valdeorreses, tamén do mundo da política, do hospital de Toledo onde pasou a maior parte da súa vida dende o accidente ou da Residencia de Valdeogodos onde vivía des que a súa irmá lle faltaron as forzas e logo finou.

somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (1)

Toño estivo acompañado nesta derradeira despedida polo que o quixeron y é que era «imposible non querelo». O bispo de Astorga tamén enviou unha nota que foi lida ao remate da misa. Co canción de Roberto Carlos, ‘Eres tu mi gran amigo’ rematou o acto relixioso.

somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (6)
somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (6)

A saída da igrexa un grupo de gaiteiros deulle a despedida cunha bonita peza a cuxo remate soaron os aplausos para un grande de Valdeorras que se foi pero deixa un legado cultural enorme e como lle pasa os grandes non morrerá porque a súa obra sempre permanecerá viva.

somoscomarca_240121_antoniocastrovoces_entierro (3)

Toño finaba o pasado 17 de xaneiro, o día do seu Santo, deixando un baleiro que será moi difícil de encher. Casi unha vintena de publicacións e moitas charlas, deixan unha fonda pegada na historia de Valdeorras contada e escrita por un grande.

Hoxe ponse un punto final a ‘Historias de la historia’ pero non ao legado do gran Antonio Castro Voces.

 

As cinsas do historiador Antonio Castro Voces xa repousan no cemiterio de Quereño