domingo. 21.04.2024

Máis de 600 pezas tradicionais situadas en 50 metros cadrados é o primeiro que se atopan os centos de visitantes que cada ano acoden a o salón parroquial de Rubiá para coñecer o belén hebreo que a asociación de belenistas de Rubiá, a cuxo fronte está Carmen Núñez crea con mimo e devoción axudada polo seu cuñado Toño.

A día de hoxe conta con 3 dioramas. Estes non se sitúan no propio Belén, son escenas colgadas das paredes que achegan maior información a toda a historia. 

somoscomarca_231230_belen_rubia
Último diorama creado para el Belén

Un belén hebreo e bíblico no que se recrean distintas escenas bíblicas así como algunhas construcións como o Templo de Xerusalén e que trata de ser fidedigno.

somoscomarca_231230_belen_rubia
Belén Rubiá

O Belén pódese gozar desde o día de Nadal, todas as tardes de 17.00 a 20.00. Estará aberto ata as "Candeas", pero, a partir de 7 de xaneiro será as fins de semana. 

Vídeo completo

 

Máis de vinte anos creando o Belén de Rubiá