
No Menuda Tropa desta semana achegámonos ao colexio Virxe do Camiño de Rubiá onde falamos coa súa directora, Andrea Tato, que ademais fixo de guía polas diferentes clases e tamén contoulle a Somos Comarca cales son os proxectos para este curso e a mportancia do día a día nun colexio con moita actividade.
Na clase de primeiro e segundo estaba a facer un xogo de construción , pero antes toco Lingua e dentro desta asinatura «Vida saudable». Que ensinan aos nenos a comer dunha forma axeitada para «ter enerxía e estar sans».

Na clase dos «pequenos», os nenos de catro e cinco anos estaban a xogar a pataca quente e tamén estaban a falar do cole e das cousas que lle gustan del. Mentres a un gustáballe a pantalla xigante que teñen na clase aos outros gustábanlle os xoguetes e a outro ver os debuxos.

Os pequechos e pequechas cando se portan ben no comedor e gañan o premio elixen a comida que máis lles gusta e Maica, a cociñeira, faina para todos. Unha elixiu as fresas con nata e outra hamburguesa, mentres que Enzo —un dos máis pequechos— elixiu pizza.

Isto do premio é un reforzo positivo xa que se comen todo e se sentan ben na cadeira teñen puntos e ao final o que máis puntos ten elixe a comida que comen todos. Tarta, polo ao curri, pulpo, albóndegas..., son as comidas preferidas.
En terceiro e carto remataban de estar na clase de matemáticas co profe Marcos e aseguraban aprender moito e portarse ben. Problemas e calculo mental foi a tarefa de este día pero a unha das nenas o que lle gusta é pintar.

Aos mais maiores, aos de quinto e sexto, acabábanlle de dar o resultado dos exames e estaban moi contentos. A ximnasia e as matemáticas son as asignaturas que máis lles gustan. Foron a Silleda e fixeron un taller de elaboración de pan, viron os animais e un obradoiro de coiro.
A directora Andrea Tato comunicoulles unha sorpresa cando estabamos alí que ían ir a residencia de maiores de Rubiá, xa que era unha actividade moi «chula» que realizaban antes da pandemia e por mor dela deixárona de facer.
Con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, farán obradoiros e mostraranlle «as mulleres que teñen que estar alí, que non están soas». Os residentes cantaranlle cancións e entre todos farán unha pancarta que logo colgaranas no colexio.
Insertar vídeoAndrea Tato: «Facemos un aprendizaxe para a vida»
Con Andrea Tato falamos dos proxectos para este curso, e sinalou que «todo vai ir, máis ou menos na liña de cursos anteriores». As novas tecnoloxías, as técnicas da información e a comunicación, o plurilingüísimo, a mellora das bibliotecas para fomentar a lectura nos máis pequenos e o gusto pola mesma, o sentimento de pertenza a paisaxe que os rodea —sempre tiran moito polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra—, son as liñas que seguirán.
«Facer un aprendizaxe para a vida, que é ao final o máis importante. Ter unha educación en todos os aspectos e en todos os ámbitos como persoa: no deporte, na alimentación, na constancia, o esforzo, a participación, o interese polos estudos. E, que ano tras ano esta situación vaia mellorando», explica a directora.
Teñen os mesmos alumnos que en anos anteriores e o que máis destaca a directora é o comedor, un espazo de lecer onde se fala, se come e se pasa un bo rato, «como ocorre na casa de cada familia, porque aquí somos unha gran familia».
Haberá as actividade típicas do ano, o magosto, o Samaín, o Nadal, o Entroido porque «nos gusta moito conmemorar esas celebracións, porque de todo se aprende». O máis importante para esta comunidade educativa é «desfrutar en familia» e que se sintan partícipes da vida escolar.
Moitas excursións, inmersións lingüística nos Peares, saídas á contorna... «Somos un cole moi pequeno do rural, pero cando sae unha convocatoria sexa a que sexa sempre poñemos todo o noso empeño en que o alumnado do centro sexa beneficiario».
A ANPA e o concello colaboran nestas saídas e con axudas « non podemos pedir nada máis. Aquí a colaboración e máxima en todos os niveis». A directora en nome do colexio Virxe do Camiño de Rubiá rematou dando as grazas «a todos os que nos axudan no día a dia que colaboran con nós e poñen o nome de Rubiá por toda a comarca»
Esta foi a conversa completa que mantivemos con Andrea Tato, directora do colexio: