Andrea Tato: «Facer un aprendizaxe para a vida, é ao final o máis importante»

somoscomarca_231108_rubiaceipvirxedocamiño_menudatropa_andreatato (1)
Para a directora do colexio de Rubiá tamén é moi importante desfrutar en familia e que se sintan partícipes da vida escolar

No Menuda Tropa desta semana achegámonos ao colexio Virxe do Camiño de Rubiá onde falamos coa súa directora, Andrea Tato, que ademais fixo de guía polas diferentes clases e tamén contoulle a Somos Comarca cales son os proxectos para este curso e a mportancia do día a día nun colexio con moita actividade.

Na clase de primeiro e segundo estaba a facer un xogo de construción , pero antes toco Lingua e dentro desta asinatura «Vida saudable». Que ensinan aos nenos a comer dunha forma axeitada para «ter enerxía e estar sans».

Na clase dos «pequenos», os nenos de catro e cinco anos estaban a xogar a pataca quente  e  tamén estaban a falar do cole e das cousas que lle gustan del. Mentres a un gustáballe a pantalla xigante que teñen na clase aos outros  gustábanlle os xoguetes e a outro ver os debuxos.

Os mais pequechos do cole, os de catro e cinco aniños

Os pequechos e pequechas cando se portan ben no comedor e gañan o premio elixen a comida que máis lles gusta e Maica, a cociñeira, faina para todos. Unha elixiu as fresas con nata e outra hamburguesa, mentres que Enzo —un dos máis pequechos— elixiu pizza.

Os de terceiro e carto

Isto do premio é un reforzo positivo xa que se comen todo e se sentan ben na cadeira teñen puntos e ao final o que máis puntos ten elixe a comida que comen todos. Tarta, polo ao curri, pulpo, albóndegas..., son as comidas preferidas.

En terceiro e carto remataban de estar na clase de matemáticas co profe Marcos e aseguraban aprender moito e portarse ben. Problemas e calculo mental foi a tarefa de este día pero a unha das nenas o que lle gusta é pintar.

Os máis maiores, os de quinto e sesto

Aos  mais maiores, aos de quinto e sexto,  acabábanlle de dar o resultado dos exames e estaban moi contentos.  A ximnasia e as matemáticas son as asignaturas que máis lles gustan. Foron a Silleda e fixeron un taller de elaboración de pan, viron os animais e  un obradoiro de coiro.

A directora Andrea Tato comunicoulles unha sorpresa cando estabamos alí que ían ir a residencia de maiores de Rubiá, xa que era unha actividade moi «chula» que realizaban antes da pandemia e por mor dela deixárona de facer.

Con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, farán obradoiros e mostraranlle «as mulleres que teñen que estar alí, que non están soas». Os residentes cantaranlle cancións e entre todos farán unha pancarta que logo colgaranas no colexio.

 

Insertar vídeo

Andrea Tato: «Facemos un aprendizaxe para a vida»

Con Andrea Tato falamos dos proxectos para este curso, e sinalou que «todo vai ir, máis ou menos na liña de cursos anteriores». As novas tecnoloxías, as técnicas da información e a comunicación, o plurilingüísimo, a mellora das bibliotecas para fomentar a lectura nos máis pequenos e o gusto pola mesma, o sentimento de pertenza a paisaxe que os rodea —sempre tiran moito polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra—, son as liñas  que seguirán.

«Facer un aprendizaxe para a vida, que é ao final o máis importante. Ter unha educación en todos os aspectos e en todos os ámbitos como persoa: no deporte, na alimentación, na constancia, o esforzo, a participación, o interese polos estudos. E, que ano tras ano  esta situación vaia mellorando», explica a directora.

Teñen os mesmos alumnos que en anos anteriores e o que máis destaca a directora é o comedor, un espazo de lecer onde se fala, se come e se pasa un bo rato, «como ocorre na casa de cada familia, porque aquí somos unha gran familia».

Haberá as actividade típicas do ano, o magosto, o Samaín, o Nadal, o Entroido porque «nos gusta moito conmemorar esas celebracións, porque de todo se aprende». O máis importante para esta comunidade educativa é «desfrutar en familia» e que se sintan partícipes da vida escolar.

Moitas excursións, inmersións lingüística nos Peares, saídas á contorna... «Somos un cole moi pequeno do rural, pero cando sae unha convocatoria sexa a que sexa sempre poñemos todo o noso empeño en que o alumnado do centro sexa beneficiario».

A ANPA  e o concello colaboran nestas saídas e con axudas « non podemos pedir nada máis. Aquí a colaboración e máxima en todos os niveis». A  directora en nome do colexio Virxe do Camiño de Rubiá rematou dando as grazas «a todos os que nos axudan no día a  dia que colaboran con nós e poñen o nome de Rubiá por toda a comarca»

Esta foi a conversa completa que mantivemos con Andrea Tato, directora do colexio: