sábado. 07.06.2025

Comeza a negociación do convenio colectivo do sector da pizarra de Galicia

Preto de 2.400 traballadores inclúense neste plan laboral. A Asociación Galega de Pizarristas acolleu onte 25 de xuño unha nova reunión con representantes dos sindicatos e da patronal
somoscomarca_240625_candis_clusterpizarra_mesanegociadora_ (11)
Comeza a negociación do convenio colectivo do sector da pizarra de Galicia.

A Asociación Galega de Pizarristas (AGP), en Carballeda de Valdeorras, acolleu onte martes 25 de xuño unha nova reunión con representantes dos sindicatos —UGT; CIG; e CC.OO.— e da patronal para renovar o convenio colectivo. Un convenio laboral que afecta a preto de 2.400 traballadores do sector da pizarra de Galicia. 

A primeira data proposta para arrincar a negociación era o 12 de xuño, pero non puido constituirse a mesa negociadora. Agora —e tras o encontro mantido onte en Valdeorras— programouse unha nova reunión para o vindeiro mércores 3 de xullo. O actual convenio leva caducado dende o mes de decembro. 

Comeza a negociación do convenio colectivo do sector da pizarra de Galicia