A tradición manda! Coma non podía ser doutro xeito e a imaxe do apóstolo Santiago, patrón de Petín, saíu á rúa co seu acio de uvas na man. Uvas brancas das viñas do concello co que se lle encomenda ao apóstolo que para pouco non se estrague a colleita.
Unha procesión que foi máis curta xa que a sáida da Praza da Veiguiña en vez de coller pola rúa Pracer os procesionantes co estandarte á cabeza obtaron por facelo pola Rúa da Ponte.
O son das campás, das bombas de palenque e a charanga acompañaron ao apóstolo que este ano contou con menos xente na procesión e, é que de ano a ano van menguando as persoas que participan.
Logo da procesión misa solemne cantada polo coro de Petín e a saída sesión vermú que esta si contou con bo número de parroquianos pero non da igrexa senon das capelas das praza.
Procesión de Santiago apóstolo polas rúas da Ponte, Igrexa e praza da Veiguiña