Un pregón con recordos ao Petín de anos pasados na inauguración da Feira de 1812

Juanjo e Miguel, presentador e pregoeiro, antes de subir ao corredor da Anita para ler o pregón
Amancio, Miguel Quiroga, Luis, Chavito, Lulo, Miguel Bautista e José Luís, amigos do pregoeito
Os amigos de neno non quixeron perder a oportunidade de recordar co pregoeiro parte da historia das súas vidas
Cunha veciña de Castrofolla (Petín) Tere a filla do Rodolfo e a Jovita
somoscomarca_240622_perin_feria18121245
Javier López «Parrita» no museo das botellas de Cervexa
Juan José Rodríguez Losada, "Chavito", foi o pregoeiro despois de once anos sendo o presentador desta apertura. «Quedei sen palabras ao recibir a proposta. Síntome moi honrado»

A XI Feira de 1812 arrincou hoxe en Petín. Unha cita que rememora os acontecementos históricos nos que as mulleres do pobo expulsaron aos invasores franceses durante a Guerra da Independencia. Unha praza ateigada de persoas cos seus mellores traxes de época acollía o pregón inaugural ás 13:00 horas deste mediodía. 

Tere e julia, nai e filla paseando pola feira vestidas de época

Juan José Rodríguez, "Chavito", foi o encargado de ler dito pregón, tras ter presentado a inauguración durante once anos —dende o comezo da Feira—. «É unha honra para min ser o pregoeiro deste ano. Eu sempre fun presentador, e síntome moi orgulloso de dar agora este pregón no meu pobo», explicaba Chavito a este medio. 

Chavito cun grupo de amigos despois de ler o pregón

Nunha conversa mantida o día de onte, venres, confesaba Chavito algúns dos temas que abordaría no seu pregón, e falaba «das vivencias da miña infancia e xuventude en Petín, recordos, negocios, festas, amigos e familia». E así foi. 

Posto das voluntarias da caridade na feira

Un pregón repleto de referencias a anos pasados, a establecementos míticos como «o bar da Ponte, o Bujía ou O Central» e a comercios que o acompañaron na súa infancia. Espazo destacado ademais para falar do río, as festas de tempos pasados, dos «guateques» na xuventude ou desas amizades «que duran todos estes anos». Recordo para aqueles que xa non están

A alcaldesa ao pé do cañón na cantina da feira

Xunto a el, ocupando o lugar de presentador, Miguel Bautista Carballo, o que foi amigo desde a infancia como tamén o foron os pais de ambos, Antolín e Arita e Miguel e Raquelita, para quen o pregoeiro tivo un lugar no seu discurso.

Os veciños, amigos e familia acompañaron ao pregoeiro

E todo nun pregón cronolóxico onde, repasando como era a vida en Petín durante cada data sinalada do ano, Chavito emocionou aos asistentes, que puideron lembrar con el algúns deses momentos que xa non voltarán —polo menos, do mesmo xeito—.

Un grupo de veciños na feira

Rematou cas palabras da canción que todo petinés leva no seu corazón: «Petín nuestro gran Petín, pueblecito inciomparable, te quiero más que a mi vida, más que a la Virgen del Carmen...» e cun sonoro Viva Petín! que foi respostado por todos os presentes cun viva!.

No seguinte vídeo poderán ver o descurso íntegro deste petinés:

Esta Feira de 1812 comezaba onte coa Cea Popular e esténdese até mañá, domingo, con máis de 15 postos participantes. 

Percorrido pola feira o día da inauguración: