
A Marco Petín trae cada ano as obras de artistas da zona. Nesta edición de 2024 descúbrenos a Piquico e a Manoli Vicente, eles son da zona de Viana e mentres o primeiro pinta e esculpe inspirándose no Entroido ela ponlle poesía a súa obra.

A obra de Piquico é unha interpretación sobre o Entroido en óleo, acrílico e escultura funcional. Intenta reciclar ao máximo e utiliza madeira, latón, potes de cobre e materiais de todo tipo.

Recíbenos ao comezo da rúa onde está exposta a súa obra. «O último que estou facendo e escultura funcional», conta. Personaxes do Norte de Portugal feitos cun pote de cocerlle aos cochos ou boteiros feitos a óleo e acrílico de «hai un tempo», son as primeiras obras da súa arte. E, e que Piquico fai ás súas esculturas reciclando, xa sexa latón, madeira ou outros materiais e con eles constrúe lámpadas, percheiros ou mesas auxiliares.
Avanzamos cara ao fondo da mostra e atopámonos con Manoli Vicente que escribe poesía, narrativa ou ensaio. «Quixen facer algo da obra de Piquico e inspireime en nove cadros e compuxen nove micro-poemas, un por cada cadro que unín finalmente nun poema completo», sinala.

A poesía de Manoli lévanos a descubrir o Entroido galego onde non falta o felo de Boborás, o peliqueiro de Laza, a pita de Eiroás ou o Entroideiro en forma de figuras funcionais dunha beleza exquisita que esconden os segredos de seu autor.

O felo de Boborás convirtése nunha estantería que ten «vida interior». Se te pos de frente mirándolle aos ollos e te xiras á dereita e a esquerda séguete coa mirada, sen ningún mecanismo interior. Distintas madeiras para «obras que teñen moito traballo». O felo, en concreto incorpora «papel de parede, policromia e madeira que no propio acabado diga o que exprese».
O peliqueiro de Laza ten a mázcara dentro da propia pantalla feita en madeira e o corpo e unha especie de repisa. «Vese desde todos os puntos de vista», asegura Piquico. A maior parte das súas esculturas poden contemplarse desde todos os ángulos e todos teñen o seu aquel.

O Entroido de Eiroás está presente a través da súa pita, nesta Marco Petín , nunha mesa auxiliar que tamén é lámpada e segundo autor «gaña cando está prendida». Chapas de ferro, madeira policromada, os ollos son de mármol e granito negro.
Pero sen dúbida a figura principal é a do Entroideiro.«O Entroido é unha época de critica e mofa, aparte de espiritual e natural». pon o foco Piquico nada más chegar a este punto. O Entroideiro representar o poder a través dunha barriga que como cabeza ten unha boca aberta en forma de váter de onde sae unha lingua bífida da que colga un billete de mil euros e tres chourizos.

É unha crítica ao poder representado nun bandullo adornado con botóns feitos de moedas en cuxa solapa hai unha flor feita co mesmo material. Está apoiado núnha taza váter, onde un espello reflicte unha frase oculta. Hai outras moitas nos libros do pé caendo no retrete.
A frase «Cambiar coñecemento verdad y belleza por codicia, egoísmo, ignorancia y vanidad», esta escrita ao revés para poder lela no espello e ainda por riba as letras están unha por encima das outras para «que por triplicado sexa máis difícil saber como nos enganan».
O percorrido pola obra de Piquico, neste Marco Petín, que amosou o Entroido a través da súa arte.