lunes. 07.07.2025

Na biblioteca de Petín atopáronse os personaxes dos contos que estaban agochados

Nenos no obradoiro na Biblioteca Municipal de Petín
Os nenos divirtíronse e aprenderon no Nadal na biblioteca de Petín

Un equipo de detectives chegou o venres á biblioteca municipal de Petín para resolver o misterio dos «trasnos que deixaron fuxir ós personaxes dos contos»

Un equipo de nenos e nenas divertíronse cos libros e sentiron que a biblioteca de Petín era súa. Os personaxes do Mago de OZ foron o fío conductor para a actividade que se organizou das 11 as 13 horas, do venres 3 de xaneiro. Participaron case que 20 nenos divididos en dous grupos. Os de 5 e 6 formaron parte dun e os de 7 a 12 doutro.

Inchando globos

Ca historia de «A mamá gansa e as vogais» e cun can que quere ler un libro do que se escaparon as vogais, os nenos e nenas de 5 e 6 anos participaron en todo tipo de xogos. O das palabras que comezaban pola vogal escondida, inflar globos ou aprender a dicir casa ou árbore coa linguaxe de signos foron algúns dos entretementos feitos na biblioteca. No xogo da linguaxe de signos foi imprescindible a colaboración de Edurne Artega unha moza de Roblido, xorda que é monitora de tempo libre e posuidora dun «master» de antropoloxía.

Grupo de nenas de 5 e 6 anos

Laura Fernández, monitora do obradoiro subliñou que se trata de «entretelos, divertilos e facelos pensar». «Aprender xogando, resume a filosofía deste obradoiro», engadiu.

Os rapaces e rapazas entre 7 e 12 anos xogaron a ser detectives co conto do Mago de Oz como protagonista. «Apetecíame rescatar esta obra clásica que ten moitos valores»  salienta Laura ó respecto.



Todo comeza cando os personaxes do Mago de Oz, cansos de estar sempre no mesmo conto, escapan para outros libros da biblioteca e os participantes, como detectives que son, teñen que atopalos a través de pistas. Unhas pistas levaron a outras entre xogos e aprendizaxe. Por exemplo a primeira pista comezaba así: «Nas pradarías de Kansas vivía unha nena...» a partir desta pista os nenos tiveron que localizar Kansas nun mapa do mundo, presentarse en Inglés ou dicir no idioma de Shaquespeare o que lles gustaba.

Bola do mundo onde tiveron que localizar onde vivía Dorothy

Para poñer en práctica a memoria Laura escolleu a Totó, o can compañeiro de

xogos de Dorothy. Un dos participantes pensaba nun animal e os outros a través

de preguntas tiñan que descubrir de cal se trataba.

A psicomotricidade veu da man do terrible tornado que apareceu da nada e tragou por completo o palleiro e a casa saíu voando polo aire. O aterraxe da casa nun lugar máxico serviu para que os rapaces pintaran ese lugar, actividade que a Laura lle sorprendeu moi gratamente porque os nenos desfrutaron e deixaron saír toda a súa creatividade.

Os nenos de 7 a 12 anos participando nun dos xogos, na biblioteca de Petón

ó remate todos levaron para súas casas o diploma de «super detective» xa que foron quen de superar todas as probas da xincana.

«Foi un moi bo equipo, todo moi bonito e moi educativo. Non houbo espírito

competitivo, axudáronse uns os outros, eran un equipo», subliña Laura a hora de

facer a valoración deste obradoiro. «Trátase de xogos sinxelos que permitan

participar a nenas e nenos de todas as idades e que fomenten a creatividade e

os valores», conclúe.

Xunto a Laura Fernández, estivo Edurne Artega e Elvira Fernández que a axudaron nesta actividade promovida polo Concello de Petín.

Escondemos o «o»?

O sábado 4 de xaneiro e o domingo 5 inchables gratuítos para todos os nenos no teleclub.

Na biblioteca de Petín atopáronse os personaxes dos contos que estaban agochados