jueves. 28.03.2024

Os veciños de Larouco beben do Xares, pero o cauce do río está máis baixo que o pobo polo que a auga ten que ser bombeada todo o ano. Isto supón un custe en electricidade que o Concello quere aforrar conectándose ó suministro do manantial de Santoalla que comparten os seus veciños de Petín e da Rúa. O alcalde de Larouco, Joaquín Bautista, explicou que presentou esta semana na Xunta un proxecto para conectarse a esa traída: «Reunímonos primeiro coa conselleira de Medio Ambiente, Ana Mato, e despois co presidente, Alberto Núñez Feijoo, e a ambos lles pareceu un proxecto necesario». Bautista agarda que os 300.000€ que custa a obra se inclúan nos orzamentos da Xunta do 2018. Ademais desta intervención, o alcalde tamén solicitou ó presidente da Xunta a pavimentación de varias rúas en Seadur e Freixido.

O manantial de Santoalla, auga para todos?

A intención de Larouco de conectarse á esta canalización é ben acollida polos Concellos da Rúa e Petín onde aseguran que, excepto no verán, a auga do manantial é abundante e moita remata no encoro. Miguel Bautista, o rexidor petinés, destacou que mentras haxa suficiente non teñen inconvinte en facilitar esa conexión, pero que en caso de escaseza, a prioridade estará no seu Concello e no rués e Larouco deberá retomar o bombeo. Tamén explicou que existe un proxecto dende hai anos para facer unha nova acometida en Riomao para evitar que nos meses de verán ambos Concellos teñan que bombear auga do encoro para o suministro.

Fin dos problemas na Rúa

En canto ós problemas de turbiedade que nos últimos días presentaba a auga no barrio da Estación da Rúa, o alcalde Luis Fernández Gudiña explicou esta mañá nos micrófonos de Onda Cero que xa estaban solucionados: «Tivemos algunha queixa os días pasados pero fixemos unha purga das redes de abastecemento nas súas partes finais e entendemos que xa está solucionado». Gudiña tamén aclarou que a pesares de ser do encoro, a auga está tratada e é apta para o consumo. «Tan so marcamos restriccións no seu uso para rego e encher piscinas pola escaseza pero cada vez estase bombeando menos e cando o manantial recupere caudal poderemos voltar á normalidade», explicou.

Larouco quere conectarse á traída de auga da Rúa e Petín para reducir custes