viernes. 19.04.2024

Esta noite, ás 21.00 horas, ábrense as portas da XVIII Festa da Freba de Petín, para todos aqueles con sorte que conseguiron unha das 500 entradas vendidas. En Somos Comarca quixemos falar co alcalde do pobo, Miguel Bautista, desta festa que xa é unha tradición en Petín.

Somos Comarca: Non se me ocurre mellor idea para calmar o frío destes días que asistir á Festa da Freba de Petín para entrar en calor, ¿non  é así?

Miguel Bautista: Eso é o que imos intentar, que os 500 comensais que acuden este ano á festa, non pasen frío.

SC: ¿Cántas edicións van xa desta festa?

MB: Pois xa é maior de idade, vai co século, este ano cumple 18 edicións. A festa só pode acoller a 500 comensáis porque esa é a capacidade que ten a carpa e desa forma poden estar cómodos. A verdade é que darlle de cear a 500 persoas non é fácil e máis se o persoal é xente que non é profesional.

SC: Ese persoal do que falas é xente do pobo que colabora, ¿verdade?

MB: Sí, eles, xunto coa xente que participa, son os protagonistas, hai que darlle as gracias aos rapaces e rapazas que botan unha man desinteresadamente. Ademáis son de todas as idades, xa estamos a facer  canteira, se incorpora xente máis nova e os máis veteranos nos retiramos.

SC: Imaxino que xa non haberá ningunha entrada á venda…

MB: Vendidas todas. É imposibel xa incluir a ninguén máis. Hai moita pandilla que vai xunta e procuran coller as entradas o antes posible. Despóis da cea hai unha discoteca aberta para todo o mundo, teñan ou non teñan entrada, actuará Disco Stuu ata as catro ou cinco da mañá, ata que o corpo aguante, festa rachada. E nos bares de Petín tamén vai haber festa, así que o que quedou sen entrada para acudir a cear, pode ir igual a Petín a disfrutar da festa.

SC: O menú, ¿coma todos os anos?

MB: Sí, xa vai algún tempo que cambiamos os callos de primeiro prato polo consomé, porque os callos había xente que non os quería. O consomé senta moi ben co frío. Despois damos chourizos cocidos e despois frebas asadas. E para rematar, bica e licor café, que no falte. E coa entrada entregarase unha cunca de barro e unha navalla.

SC: ¿A qué hora hai que estar alí?

MB: A partir das 21:00h abriremos as portas. A xente xa sabe onde vai sentada porque a partir de 6 persoas xa reservamos sitio e poñemos, durante os días previos, os planos das mesas nos bares, para que a xente sepa onde  se ten que sentar. Así cada vez hai máis xente que vai en grupo, pero tamén hai espazo para o que quere ir solo, sempre deixamos filas para que podan sentarse.

SC: Polo que vexo, a organización desta festa leva moito traballo e moito tempo…

MB: A verdade é que sí, que nos leva bastante tempo. E ademáis sempre a última hora hai cambios, un quere cambiar de sitio e sentarse noutro… Pero sí que é certo que cada vez máis a xente se acostuma a decidir o sitio onde sentarse no momento de mercar a entrada.

SC: Tantos comensais requiren moita comida…

MB: Pois debemos andar por 200 e pico kilos de freba e uns 800 chourizos, moito traballo para as cociñeiras e cociñeiros, sobre todo polas frebas que teñen que sair quentes para poder comelas. Algunha xente desespérase pero é que non podemos facelas antes, temos que facelas no momento, en dúas parrillas grandes que temos. Esperemos que todo o mundo quede satisfeito.

Esta noite, XVIII Festa da Freba en Petín