
Durante toda unha fin de semana, Petín retrocederá no tempo ata chegar ao ano 1812. Como cada mes de xuño, chega esta emblemática feira do concello que celebrará a súa undécima edición os días 7, 8 e 9.
Como cada edición, o primeiro día —7 de xuño ás 22:00—, estará dedicado á IV Cea popular. As dúas xornadas seguintes realizarase «a feira como tal», explicaba Raquel María Bautista, alcaldesa do municipio, para unha entrevista a este medio.
As entradas para esta xuntanza xa están a venda no Concello de Petín de 9:00 a 14:00. O custo é de 20 euros por persoa. O menú estará composto de: empanada, langostinos, redondo de tenreira con minestra de verduras, brazo de gitano. A maiores, bebidas e café. Ata este 16 de maio, hai arredor de 50 ou 60 vendidas, pero ao ser na rúa «non hai tope», asegura a alcaldesa».