As entradas para a IV Cena Popular de Petín xa están á venda

As entradas para a IV Cena Popular de Petín xa están á venda
O sete de xuño é o día elixido para celebrar esta xuntanza, coincidindo coa Feira 1812

Durante toda unha fin de semana, Petín retrocederá no tempo ata chegar ao ano 1812. Como cada mes de xuño, chega esta emblemática feira do concello que celebrará a súa undécima edición os días 7, 8 e 9. 

Como cada edición, o primeiro día —7 de xuño ás 22:00—, estará dedicado á IV Cea popular. As dúas xornadas seguintes realizarase «a feira como tal», explicaba Raquel María Bautista, alcaldesa do municipio, para unha entrevista a este medio.

As entradas para esta xuntanza xa están a venda no Concello de Petín de 9:00 a 14:00. O custo é de 20 euros por persoa. O menú estará composto de: empanada, langostinos, redondo de tenreira con minestra de verduras, brazo de gitano. A maiores, bebidas e café. Ata este 16 de maio, hai arredor de 50 ou 60 vendidas, pero ao ser na rúa «non hai tope», asegura a alcaldesa».