jueves. 28.08.2025

Incendios: máis alá do heroísmo, un chamamento a unha xestión resiliente do territorio

Ringo Xabier Bruña García, enxeñeiro forestal, aporta a súa visión do que está a pasar e do que vai ser o incendio de Valdeorras
no usar solo para el articulo de opinion somoscomarca_petinvertedero_protesta18

As persoas que traballamos no dispositivo de loita contra o lume non somos nin heroínas nin viláns, somos persoas empregadas do servizo público que tentamos dar o mellor de nós ante esta situación extrema que asolou parte do noso territorio. Estivemos, estamos e estaremos para afrontar as multiemerxencias que se desenvolvan como parte do noso facer.

As evidencias dos últimos anos en distintos lugares do mundo, confirman que os novos escenarios que temos de incendios forestais veñen para quedarse e que polo tanto, parte das medidas de sempre xa non serven. Cómpre dar respostas distintas ante os novos retos que xa chegaron.

Ogallá isto non quede só nas imaxes pasaxeiras do verán do ano 2025, e poida representar un punto de inflexión para que como sociedade atopemos o xeito de facer unha xestión do noso territorio máis resiliente ante os lumes que nos virán.

Moitas grazas a todas as persoas que distedes moito máis do que é esperable en aras do ben común!

Ringo Xabier Bruña García, enxeñeiro forestal

Incendios: máis alá do heroísmo, un chamamento a unha xestión resiliente do territorio