jueves. 30.11.2023
somoscomarca_obolo_torredahomenaxe_2023

A torre da homenaxe do Castelo do Bolo iluminouse durante estas festas da Nosa e de San Roque para así atraer a máis visitantes se cabe.Tras o éxito da primeira edición da Feira Irmandiña o novo goberno do Concello do Bolo quere aproveitar todas as ocasións para dar visibilidade a todos e cada un dos pobos empezando pola capitalidade.

«As luces xa estaban instaladas. Nos o que fixemos foi conectalas e aproveitar para que veñan a visitarnos», afirma o tenente de alcalde, Miguel Ángel García. Tamén sinalou que se apagarán ao remate das festas pero que están valorando acendelas os fins de semana e cando haxa algún evento.

A torre da homenaxe vestirase así en ocasións especiais converténdose en voceira de celebracións creadora de conciencia. Así o Día da Muller tinguirase de morado, o Día da Terra de verde e o Día do Cancro de mama, de rosa.

Festas nas Ermitas

Hoxe é o día grande da festa das Ermitas, onde se honra ao patrón, San Roque. Os festexos comezaron o luns cun campionato de tute. O martes houbo campionato de natación, chave e ra. Tamén concurso de tortillas e doces.

Hoxe entregaranse todos os agasallos aos gañadores dos concursos sobre as 10.00 horas, durante o descanso da festa no que actuará o grupo Amistades. Haberá chocolatada coa entrega de premios ás 10.15 e ao remate da verbena ás 3.00 horas.

A torre da homenaxe do Castelo do Bolo tínguese de cores durante as festas