sábado. 31.05.2025

A Romaría do Rosario nas Ermidas contará con autobús gratuíto

Esta iniciativa está enmarca na celebración dos anos da construción do santuario 
P_somoscomarca_241003_obolo_santuario

Todo comezaba hai 400 anos, cando o Bispo de Astorga,  Alonso Messía de Tovar, mandou construír un santuario tras unha curación milagrosa atribuída á Virxe das Ermidas. Co paso do tempo converteuse nun dos centros de peregrinación máis importantes do noroeste peninsular. 

Con motivo deste aniversario, dende o Concello do Bolo continúan propondo actividades. Nesta ocasión, o día do Rosario —6 de outubro— a xente que faga a peregrinación dende A Rúa, Viana ou Manzaneda, terán a opción de regresar en autobús, gratis, as súas casas. 

A programación comezará ás 10:00 coa misa de enfermos. A continuación poderase desfrutar de unha representación teatral de Platea Lúa: "400 anos: pedra, milagre e fe. Teatralización da orixe do Santuario". Ás 12:30 será o rosario e despois de media hora comezará a misa solemne. 

A reserva das prazas está habilitada até o 4 de outubro no teléfono 606.01.71.05 de xoves a domingo en horario de 10:00 a 15:00. 

«Si isto sae ben faremos algo parecido no Venres Santo», anuncia o alcalde do municipio, Alberto Vázquez.

Máis visitas ao Santuario

O pasado 29 de setembro 82 persoas da Asociación de xubilados e pensionistas Virgen dos Remedios do Castro Caldelas, encabezados pola súa alcaldesa Sara Inés Vega e o seu párroco Jose Manuel Armesto descubriron o Santuario das Ermitas no Bolo, seguindo as explicacións do Guia-Custodio José Vega sobre os 400 anos de historia do Santuario.

A Romaría do Rosario nas Ermidas contará con autobús gratuíto