O Concello do Bolo aproba, inicialmente, o orzamento deste ano
Alberto Vázquez, alcalde do Concello do Bolo, explica a maneira na que se dividirán os gastos neste orzamento
O Concello do Bolo xa ten un novo presuposto que se presentou no pleno de sesión ordinaria o pasado 26 de xaneiro. Nestes momentos, atópase exposto no Boletín Oficial da Provincia durante o prazo estipulado para reclamacións e alegacións.
Alberto Vázquez, alcalde do Concello do Bolo, explica no que se dividirá este total de case un millón douscentos mil euros. «Van encamiñados a seguir arranxando estradas, axudar os pobos cas traídas da auga e seguimos cambiando a iluminación de catro pobos que nos quedan», explica.
Por outra banda, tamén están «organizando actividades, como van ser os 400 anos da construción do Santuario das Ermidas, vamos facer varias actividades», engade Vázquez. Aparte de isto, intentarase solicitar subvención e axudas para seguir mellorando o que faga falta dentro do Concello do Bolo.
O orzamento por áreas
Este orzamento resúmese en 5 áreas de gasto. Por un lado está a dos servizos públicos básicos que conta con case 280.000 € de crédito. Tamén hai un capítulo para actuacións de protección e promoción social, dotada con case 223 mil euros.
Por outra banda, atópase a produción de bens públicos de carácter referente —case 147 mil euros—, e pola outra, as actuacións de carácter económico, que conta con arredor de 274 mil euros. Por último, están as actuacións de carácter xeral, con case 228 mil euros.
Se en algún momento existe unha necesidade de maior información sobre este presuposto, estará a disposición das persoas interesadas na sede electrónica do Concello do Bolo.