jueves. 18.04.2024
somoscomarca_240409_piedras_carreteraermitas soutipedre_desprendimiento (2)

Na noite do sábado 9 de marzo, unha rocha de grandes dimensións desprendíase e cortaba ao tráfico a OU-0751 dende As Ermitas (Concello do Bolo) ata Soutipedre (Concello de Manzaneda). Nese momento acudiron ata o lugar o GES da Veiga e Protección Civil do Bolo. 

O único que puideron facer foi sinalizar a zona para evitar posibles accidentes. No momento non a puideron retirar, xa que ningún dos equipos conta co equipo suficiente para retirar unha rocha de tales dimensións. 

Entón, trasladáronlle este problema a Conservación de Carreteras. Hoxe, 11 de marzo, prevese que expertos deste organismo fagan unha valoración da situación para poder acceder con maquinaria pesada. 

Por outra banda, na OU-533, hai temor por dous posibles derrubes na zona de Cambela. Cabe recordar que fai apenas un mes que esta estrada quedaba cortada por unha rocha. Agora, témese que se produza unha caída 100 metros máis abaixo e outra 200 metros arriba. Entón, dende Conservación de Carreteras tamén se fará unha valoración de estes dous puntos. 

Conservación de carreteras valorará a estrada entre As Ermitas e Soutipedre