sábado. 02.05.2026

A Ruta dos Fornos de Celavente homenaxea as persoas e colectivos que loitaron contra os lumes do pasado verán

A edición deste ano estivo marcada polo recordo dos incendios de agosto e o agradecemento a quen axudou a salvar o pobo

A localidade de Celavente viviu unha das edicións máis especial e emotiva da súa tradicional Ruta dos Fornos, cunha xornada marcada polo recordo dos incendios do pasado verán e polo recoñecemento colectivo a todas as persoas que colaboraron na súa extinción.

O pregón, presentado por Jorge Isla, puxo o foco nos días 16 e 17 de agosto, cando as lapas chegaron a rodear practicamente todos os barrios do pobo. «Queríamos facer unha edición moi especial, unha edición de homenaxe a todos os veciños do pobo que loitaron contra as chamas eses dous días», sinalou, lembrando tamén o apoio chegado desde outros lugares.

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (12)

Isla destacou a solidariedade da contorna e o traballo conxunto que permitiu evitar consecuencias maiores: «Afortunadamente, grazas á colaboración de todos os veciños, dos nosos amigos, dos pobos lindeiros e dos municipios colindantes, conseguimos o máis importante: salvar as casas e non ter que lamentar danos persoais».

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (1)

O agradecemento estendeuse a veciñanza doutros núcleos do O Bolo, concellos limítrofes, gandeiros e agricultores que achegaron tractores con cisternas, así como aos servizos de emerxencias. Entre eles, Protección Civil, a Unidade Militar de Emerxencias, bombeiros forestais e persoal sanitario, sen esquecer a acollida brindada pola veciñanza de Petín ás persoas desaloxadas.

«Houbo moita xente que, mesmo estando de descanso, ao saber que ardía Celavente, veu axudar sen dubidalo», destacou o presentador, que tamén puxo en valor xestos individuais como o dun condutor de ambulancia que colaborou no traslado de veciños, especialmente persoas maiores, nos momentos de maior risco.

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (5)

A xornada incluíu ademais un acto de homenaxe ao remate da ruta, no último forno, onde se recoñeceu simbolicamente o labor deses «ánxeles salvadores» que fixeron posible que o pobo siga en pé.

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (2)

Tras o pregón, o bardo local Juan Corzo puxo voz ao sentir da xente cun poema no que lembrou o impacto do lume e a resposta veciñal: «A grandeza dun pobo, con todos ao seu lado, é defender codo a codo o que nos foi regalado».

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (2)

A súa intervención evocou a dureza daqueles días —«Ai, miña terra queimada, ai meu pobo, miña xente»— pero tamén a unión e a forza colectiva que permitiron facer fronte ao incendio: «Entre todos detiveron o lume que viña para acabar con todo».

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (8)

Máis aló da emoción, a Ruta dos Fornos mantivo o seu carácter festivo, cun percorrido polos distintos fornos tradicionais onde non faltaron os produtos típicos, o viño e a convivencia. Unha celebración que este ano foi tamén un exercicio de memoria e agradecemento, demostrando que, ante a adversidade, a unión segue sendo a maior fortaleza do rural.

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (3)

A chuvia caeu con intensidade ao remate do pregón, pero, como adoita pasar, acabou por escampar. Finalmente, o sol abriu paso entre as nubes, aínda que a molladura —nalgúns casos— xa ía tanto por fóra como por dentro.

somoscomarca_celavente_rutadosfornos (1)
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

A Ruta dos Fornos de Celavente homenaxea as persoas e colectivos que loitaron contra os...