viernes. 29.03.2024

Esta medida aplícase debido dificultade para garantir a seguridade de todos os asistentes aos eventos

O Concello do Bolo decidiu suspender todas as súas festas para este verán ante a extraordinaria situación sanitaria e antepoñendo por enriba de todo a seguridade e a saúde da cidadanía.

Segundo publícase no bando emitido polo concello esta decisión é debida a que: «Dado que as medidas de prevención ditas polas autoridades sanitarias para previr o contaxio de COVID-19 son incompatibles co espírito das festas e imposibilitaría o normal desenvolvemento das mesmas» .

De todas formas dende o propio consistorio abren a posibilidade de facer algunha celebración, sempre e cando se presente un plan de seguridade, outro de viabilidade e unha persona se faga responsable, xa que o concello non ten personal suficiente para garantir as medidas de seguridade.

Xunto coas festas patronais que se ían levar a cabo por todo o municipio ao longo do verán, o 25 de xullo acordárase facer o Festival Medieval coa presenza da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de Gaitas do Bolo, neste caso a suspensión tamén e debido a falta de personal para poder garantir todas as medidas de seguridade esixidas.

O Concello do Bolo suspende todas as festas