O Concello do Bolo avanza nas melloras de pavimentación de distintos núcleos
O Concello do Bolo está traballando para poder ofrecer melloras no pavimento de varios núcleos coa contribución da Deputación de Ourense. Alberto Vázquez, alcalde do municipio, explica que se arranxará un tramo «no cruce do Bolo a Celavente e outro no acceso de Fornelos».
Ambas as obras están enmarcadas no Plan Único. A primeira delas investirase un total de «47.445 euros, mentres que na pavimentación de Fornelos o presuposto é de 44.685 euros». Nestes intres, dende o Concello, «estamos esperando as licitacións, porque xa está aprobado».
Outras das actuacións que se sacara a licitación é «unha obra que estaba aprobada o ano pasado de 40.000 euros, para rematar unha obra de mellora das rúas de Vilaseco».
Por outra banda, «estamos pendentes do arranxo da estrada da Regueira e un camiño en Lentellais. Atópase no Plan Provincial do ano pasado e xa está licitada, pero inda non se executou», explica o alcalde, quen tamén avanza que está «valorada en 48.000 euros»