O Concello do Bolo acolle a II Proba da Liga Gallega de Orientación

Vista panorámica O Concello do Bolo acolle a II proba da Liga Gallega de OrientaciónCastelo do Bolo
O sábado e o domingo —24 e 25 de febreiro—, acollerá dúas probas da Liga Galega de Orientación

Este fin de semana o Concello do Bolo estará máis deportista que nunca. Acolle a II proba da Liga Galega de Orientación a pe. A proba disputárase este fin de semana, 24 de febreiro, con recorridos oficiais e de iniciación. «O domingo, haberá unha proba en bicicleta que será a I proba da Liga», engade Alberto Vázquez, alcalde do Concello do Bolo.  

O sábado 24 a apertura da secretaría será ás 10 da mañá. A carreira comezará una hora despois, é dicir, as 11:00. O tempo máximo para esta carreira será de 2 horas.

Para o domingo 25 de febreiro, as portas da secretaría e a saída da carreira serán as mesmas horas que no día anterior. A diferenza é que o  tempo máximo de carreira será de 3 horas dende que saía o último corredor ou corredora. 

En ambos os días é obrigatorio o uso dun sistema de cronometraxe electrónico Sportidente en todos os recorridos e categorías.