viernes. 29.03.2024

Dende o Concello afirman estar impulsando iniciativas que acheguen escolares ao municipio

O Concello do Bolo busca nova iniciativas para fomentar o número de cativos matriculados no colexio da localidade. As medidas que se están a estudiar tamén servirán para aumentar a poboación xoven que cada día e menor nun municipio que conta cunha media de idade de 61,78 anos.

Así, no próximo pleno, trataranse de concretar as accións que poidan levarse a cabo e aportar unha serie de axudas para incentivar a escolarización de novos nenos no colexio do Bolo.



Actualmente o CEIP de O Bolo conta con 14 alumnos matriculados. Cada ano son menos os estudantes que optan por cursar a educación no centro, situación que en poucos anos podería derivar no seu peche. Esto suporía que os rapaces terían que baixar ata A Rúa para poder acudir a clase, ca correspondente perda de tempo debida a viaxe.

Dos 884 veciños censados no 2019, según o Instituto Nacional de Estadística, 40 deles corresponden ao tramo que ten entre 0 e 15 anos, 392 entre 15 e 64, mentras que máis da metade da poboación ten máis de 65, por elo dende o concello queren promover a chegada de xente xoven a localidade.

O ano pasado rexistrouse un único nacemento e pola contra 17 defuncións, o que deixou o saldo vexetativo en -16 persoas.

O Bolo busca fomentar o aumento de escolarizados no municipio