O Festival do castelo celebrou na tarde do Sábado Santo, despois da Festa da Vitela a súa sexta edición. Soan as trompetas desde a torre da homenaxe, dando a entrada á raíña. Dona Urraca entrou ao lombo do seu cabalo no castelo e tras a entrada triunfal o alcalde do Bolo, Manuel Corzo. Deulle a benvida as súas terras ao que ela lle replicou cun discurso desde a cabalgadura.
Benvida de Manuel Corzoa a Dona Urraca:
Un acto emotivo de principio a fin xa que foi o adeus como alcalde a Manuel Corzo, quen quixo agasallara agrupación de música local de xeito especial. A banda de Gaitas do Bolo foi impulsada polo rexedor quen quixo co concello tivese unha agrupación que o representase. A réplica do dúo do gaiteiro e o tamborileiro do Santuario das Ermidas, do século XVIII, foille entregada a unha das pandereteiras.

Manola Porto, condutora do festival medieval, presentou a Banda de Gaitas do Bolo, que accedeu ao escenario desfilando. Tras a interpretación de dúas marchas e algunhas muiñeiros dos músicos da banda bolesa, entregóuselle unha figura conmemorativa á familia de Severino Salgado García de Buxán. O alcalde, Manuel Corzo e o director da Real Banda da Deputación, José Luis Foxo, fixeron a entrega.

O grupo de zanfonas da Escola Provincial de Gaitas interpretou unhas pezas que deron paso a Vicente, «El Pravianu».

Carmen Penim, con Mauricio Bolsinelly, levaron a cabo a interpretación do romance de Dona Urraca acompañados polos compoñentes da Real Banda.
Despois de cada actuación, a cada participante entregóuselle unha réplica do dúo do gaiteiro e o tamborileiro do Santuario das Ermidas, do século XVIII.

As cantoras de Trives, Digna e Fiuca, deron paso ás voces locais: Alexander Suárez, Rogelio da Aceveda, Banda de Gaitas de Bolo (interpretan xota do Cebreiro), Davida Bellas, Blandina de Cotarós, Nadina Vázquez e Jacinta Fernández Alonso.

Para rematar entrada da Real Banda de Gaitas desfilando e escenificación égloga operística Pastora da Serra Sola, Carmen Penim con compoñentes da Real Banda e a violinista Tatiana, Kostomarova.
Os himnos de Galicia e Ourense foron os cantos de despedida desta sexta edición do Festival Medieval de Música do Castelo, celebrado no Bolo.
