
O Festival do castelo celebra nesta tarde de Sábado Santo, despois da Festa da Vitela a súa sexta edición. Dona Urraca a cabalo, o son das gaitas, tambolires, zanfonas e cantares de seiura encherán de música o castelo
Soan as trompetas desde a torre da homenaxe, dando a entrada á raíña Uraca cabalgando ao lombo do seu cabalo. Tras a entrada triunfal, discurso de recibimento do alcalde do Bolo, Manuel Corzo e discurso da raíña Dona Urraca desde a cabalgadura.
Manola Porto, condutora do festival medieval, presenta a Banda de Gaitas do Bolo, que accede ao escenario desfilando. Tras a actuación dos músicos da banda bolersa, entrega da figura conmemorativa, a familia de Severino Salgado García de Buxán. O alcalde, Manuel Corzo e o director da Real Banda da Deputación, José Luis Foxo, farán a entrega.

O grupo de zanfonas da Escola Provincial de Gaitas interpretará unhas pezas que darán paso a Vicente, «El Pravianu».

Carmen Penim, con Mauricio Bolsinelly, levarán a cabo a interpretación do romance de Dona Urraca acompañados polos compoñentes da Real Banda.

Despois de cada actuación, entrégase a cada participante, unha réplica do dúo do gaiteiro e o tamborileiro do Santuario das Ermidas, do século XVIII.

As cantoras de Trives, Digna e Fiuca, darán paso ás voces locais: Alexander Suárez, Rogelio da Acebeda, Banda de Gaitas de Bolo (interpretan xota do Cebreiro), Davida Bellas, Blandina de Cotarós, Nadina Vázquez e Jacinta Fernández Alonso.

Para rematar entrada da Real Banda de Gaitas desfilando e escenificación égloga operística Pastora da Serra Sola, Carmen Penim con compoñentes da Real Banda e a violinista Tatiana, Kostomarova.

Os himnos de Galicia e Ourense serán os cantos de despedida.