domingo. 08.06.2025

Así será o Entroido no Concello do Bolo

A Festa da Vitela xa ten prezo e día fixado, a parte, O Bolo desfrutará do Entroido día 9 de febreiro
somoscomarca_obolo_festadavitela_2023 (15)
Así será o Entroido no Concello do Bolo

O Entroido segue enchendo pouco a pouco cada un dos concellos da zona. De feito, no Bolo, a Festa da Vitela xa ten prezo e día fixado e, por outra banda, o día 9 terán un día cheo de actividades. 

Programación para o día 9 de febreiro

O Concello do Bolo xa ten planificado todo o venres 9 de febreiro, comezando polos nenos e nenas do CEIP O Bolo. Ás 11 da mañá irán as mázcaras de Buxán, o Touro e o Xigante de Celavente ata o colexio, «onde se lle presentarán a todos os alumnos», explica Alberto Vázquez, alcalde do Bolo. Despois, as rúas do municipio acollerán un pequeno desfile de disfraces. 

As 20:00 h, Cambela terá a visita do Fulión de Buxán e o Touro e o Xigante irán a Lentellais. «Rematarán no poco acabando todos sobre as nove da noite no pavellón», engade. 

Tras isto, os máis pequenos volverán a ser os protagonistas, xa que terá lugar o concurso de disfraces, «premíase o disfrace encamiñado máis as máscaras do entroido que temos no concello».

O sábado e o domingo, tamén soarán os bombos e as aixadas no concello. «Saen en Buxán polas rúas que o organiza a Asociación de Buxán e o domingo, sairá o Toro e o Xigante por varios pobos que o organiza a Asociación de veciños de Celavente».

«O que queremos manter esas tradicións, no concello existen dous entroidos diferentes, o de Buxán e o de Celavente. Entón, queremos mantelos», explica o alcalde. 

Festa da Vitela

Aínda que non se sabe moito, xa hai data e prezo para a Festa da Vitela. «Estamos comezando a organizala, será o sábado santo e o prezo será de 18 euros», conta Vázquez. Polo tanto, o 30 de marzo volvese ter unha nova cita no Bolo. 

Agora, inda están cerrando actividades que queren facer. «Queremos ter un día completo e estamos inda preparando o programa», di o alcalde. Pero xa hai algunha idea do que queren presentar, «queremos ter unha pequena feira con produtos locais, estamos falando agora cos provedores», asegura. 

Así será o Entroido no Concello do Bolo