lunes. 16.06.2025

Festa da Vitela en O Bolo para completar o Sábado Santo

portada

A Semana Santa de O Bolo atrae a centos de persoas, que se unen aos veciños residentes para gozar da historia encerrada nas súas rúas e das procesións das Ermitas. Dende fai unha década, a temporada festiva complétase coa X Edición da Festa da Vitela, que terá lugar o Sábado Santo, vindeiro día 15 de abril.

Co remate da cuaresma, O Bolo busca converterse en punto de referencia gastronómico da provincia con este xantar popular que ten como produto principal a carne autóctona.

O pavillón polideportivo foi escollido, un ano máis, como escenario desta comida, que dará comezo as 14:00 horas do sábado. O menú, que terá un prezo de 15 euros por persoa, estará composto por tenreira, acompañada de chourizo e guarnición, ademais de viño da zona, licores, bica e café.

Os puntos de venda das entradas para este xantar no que se degustará a gastronomía local serán os seguintes establecementos: Restaurante Piquiño de O Barco, Cafetería-Restaurante Fernando III, tamén en O Barco, Restaurante A Lareira en A Rúa e Bar Pote en O Bolo.

O concello espera recibir a máis de 400 persoas no pavillón, para as que teñen preparados máis de 300 kg de carne. No polideportivo esperará unha charanga que amenizará o xantar e facilitará a dixestión desta X Edición da Festa da Vitela.

Festa da Vitela en O Bolo para completar o Sábado Santo