A estrada das Ermitas pechada por mor de Kirk

A estrada das Ermitas pechada por mor de Kirk
Desde Protección Civil do Bolo comunican que se avisará cando estea a zona libre de polas

Un aviso a Protección Civil do Bolo, ás 12:20 horas deste xoves 10 de outubro, daba a coñecer que as gallas caídas das árbores que están preto da estrada que OU-0751 cortaban o paso aos vehículos.

Trátase da vía que une a OU-533 coa localidade de Manzaneda, polas Ermitas. O atranco está por debaixo do cruceiro cerca do empalme coa rúa que vai ao santuario.

Chopos que cortan o camiño

Desde o Concello decidiuse prohibir o paso até que se limpe a zoa e se saneen ou corten as árbores para que o paso sexa seguro. E outra das consecuencias que deixa a borrasca Kirk na comarca.

As persoas que precisen facer uso desta vía teñen que ir polo santuario. O acceso está sinalizado a altura do cemiterio do Cruceiro e tamén na ponte que cruza o Bibei, na proximidade do templo. 

Sinalización do desvío na zona do cemiterio do Cruceiro

Cando a zoa estea despexada desde Protección Civil do Bolo aseguran que o farán saber.

Non foi o único incidente causado por Kirk na zona. Moi preto, a OU-533 tamén estivo cortada ao tráfico a madrugada pasada polo mesmo motivo.