O Concello do Bolo encheuse de ritmo e paisón na tarde do 9 de febrero. A auga intentou quitarlle o protagonismo a esta fermosa tradición, pero os bombos, aixadas e as gaitas foron máis forte e gañaron a batalla. ¡Era hora de desfrutar!
A agrupación de Celavente visitou ás 20:00 o Restaurante Boavista cos seus Touros e o Xigante. A choiva esperaba fora, pero dentro do establecemento había troula e comida a fartar. Mentres tanto o Fulión de Buxán estaba facendo bailar e gozar a toda a veciñanza de Cambela.

Despois destas dúas primeiras citas, ambas as agrupacións tomaron rumbo cara ao centro da vila, concretamente, xuntáronse no Polideportivo do Bolo. Aínda que a auga seguía persistente, todos tomaron as rúas para facer sentir o ritmo do Entroido.