lunes. 15.04.2024
somoscomarca_240128_tuxe_cambela_mediorural_visita_joserodriguez (3)

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe os soutos de Tuxe e Cambela, no concello ourensán do Bolo, que se encontran dentro do plan piloto de recuperación e conservación de soutos tradicionais nas provincias de Ourense e Lugo e que van mellorar a súa xestión a través das agrupacións forestais de xestión conxunta, ferramenta incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

O conselleiro estivo acompañado esta mañá polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, o alcalde do Bolo, Alberto Vázquez, e polo presidente da Asociación de Veciños da Rigueira Tuxe, Javier García, colectivo que constituirá unha agrupación forestal de xestión conxunta dentro deste plan piloto. Precisamente hoxe presentouse esta entidade que, ao igual que a que se formará en Cambela, encargarase de xestionar estes terreos, ambas con apoio da Xunta, como co resto de agrupacións que se están a constituír no territorio galego.

somoscomarca_240128_tuxe_cambela_mediorural_visita_joserodriguez (3)

O titular de Medio Rural puxo en valor o carácter pioneiro desta entidade, que será das primeiras en constituírse dentro de Galicia como agrupación forestal de xestión conxunta, unha ferramenta que será chave na mellora destes espazos tradicionais tan representativos do bosque galego.

Plan piloto

O conselleiro puxo en valor o plan piloto para o fomento, recuperación e conservación de soutos, que abrangue ata sete espazos forestais en concellos das provincias de Ourense e Lugo: O Bolo (Tuxe e Cambela), Parada de Sil, A Veiga, Folgoso do Courel, O Incio e Paradela. 

En conxunto, tal e como sinalou o conselleiro, o plan piloto actúa nunha superficie total de 356,38 hectáreas, das cales 47,99 se corresponden co souto de Tuxe e 36,32 co de Cambela.

somoscomarca_240128_tuxe_cambela_mediorural_visita_joserodriguez (1)

Unha vez seleccionadas as zonas de actuación, deuse comezo aos traballos, que incluíron a revisión do parcelario, os estudos previos de investigación da titularidade e o apoio técnico e posta en marcha de agrupacións de xestión conxunta, unha figura da devandita Lei de recuperación que segundo o conselleiro “encaixa perfectamente” con este plan.

Así, trátase de mellorar a xestión destes espazos mediante o labor conxunto, cun enfoque sustentable, para recuperar e poñer en valor os terreos, impedir o seu abandono e previr incendios forestais.

Axudas para o sector forestal

O conselleiro tamén destacou no Bolo a convocatoria de axudas para o fomento das agrupacións forestais de xestión conxunta e o asociacionismo forestal, que abriu o prazo de solicitude o pasado 15 de xaneiro cun orzamento global de preto de 2,4 millóns de euros.

Estas achegas dispoñen de tres liñas de actuación. A primeira céntrase na organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta. A segunda liña busca dar apoio ás asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais.

somoscomarca_240128_tuxe_cambela_mediorural_visita_joserodriguez (2)

A terceira das liñas de axudas destínase concretamente á creación e apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta a través de calquera figura xurídica de natureza civil ou mercantil que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada de terreos dedicados á actividade forestal

A maiores, cómpre destacar que este venres publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan por primeira vez unhas axudas para a mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas, cun orzamento inicial de 680.000 euros. Estas achegas poderanse solicitar a partir de mañá.

somoscomarca_240128_tuxe_cambela_mediorural_visita_joserodriguez (2)

Nesta mesma liña, os terreos das asociacións de veciños de Tuxe e Cambela, que contan ambas co apoio da Xunta, están incluídos no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas cun total de 127,29 hectáreas nas que hai castiñeiro, rebolo e outras especies de frondosas.

somoscomarca_240128_tuxe_cambela_mediorural_visita_joserodriguez (1)

Dúas agrupacións do Bolo recuperarán dous soutos no concello co apoio da Xunta