O Concello do Bolo pon a venda as entradas da Festa da Vitela a través das súas redes sociais
08 de marzo de 2024 (14:35 h.)
Celebrarase o vindeiro 30 de marzo e ademais da comida popular haberá unha feira de produtos tradicionais
O Concello do Bolo vén de anunciar nas súas redes sociais que os interesados en asistir a Festa da Vitela, que se celebrará o vindeiro 30 de marzo —Sábado Santo—, xa poden reservas as entradas chamando as oficinas da institución pública. O prezo por cada unha delas ascende a 18 euros por persoa.
Ademais da comida popular, como xa anunciara Alberto Vázquez, alcalde do Bolo, na carpa instalada diante do pavillón onde se celebrará o evento, haberá unha feira de produtos tradicionais no que non faltará a artesanía da zona e produtos alimentarios como os doces típicos da zoa.
Por outra banda, tamén se poderá gozar dunha disco móbil que amenizará a sobremesa. Máis información chamando ao 98.832.30.30 horario de oficina.