sábado. 31.05.2025

O Bolo como plan turístico: case 3000 persoas en sete meses

As Ermitas, o museo do Yosso e o castelo medieval estanse convertendo en puntos de referencia para os visitantes
somoscomarca_240814_obolo_feirairmandiña_2385

Dinamizar o turismo é un dos obxectivos que teñen dende o equipo de goberno do Bolo. Dende marzo contan co servizo de guía turístico para o Santuario das Ermitas, o museo do Yosso e o castelo medieval. Durante estes sete meses realizáronse actividades e tamén visitas guiadas os venres, sábados, domingos e festivos. 

Neste período reuníronse no municipio arredor de 3000 persoas. Destacando o mes de abril que «foi cando máis xente pasou», asegura o alcalde, Alberto Vázquez. Subliña tamén xullo e agosto. 

O primeiro edil mostrase satisfeito con estes datos. «Dende que chegamos a alcaldía queriamos potenciar o turismo». De feito, a infraestrutura téñena. Na zona atópase o Santuario declarado BIC, o castelo e un museo «único na comarca de Valdeorras». Este compromiso amósano financiando con fondos do concello o labor do guía, «pretendemos fomentar as visitas».

Si desexa escoitar a entrevista completa con Alberto Vázquez pode facelo aquí:

O Bolo como plan turístico: case 3000 persoas en sete meses