O Bolo crea unha unidade didáctica para acercar a figura de Yosso aos escolares da zona
Todo o alumnado do colexio CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), en total 44 nenos e nenas, achegáronse ai Bolo, para visitar o Museo de Yosso. A xornada de lecer e aprendizaxe comezou ás 11.00 horas, deste 21 de abril e lévase a cabo o longo da mañá. Ao rematar unha excursión polo entorno das Ermitas onde farán un xantar de campo.
Soledad Figueroa e Luís Carrón que conforman o equipo desta unidade didáctica elixiron para a ocasión seis cadros de Yosso —tres dos cisnes típicos do pintor, o da gata Cosca, un dunha ovella é unha paisaxe de árbores—.
Os alumnos de primeiro da ESO aplicarán a técnica que estudan en plástica, o punto e o trazo, nun dos temas da asignatura. «Hai unha unidade didáctica do temario de plástica que é o punto e o trazo, eles usando esas técnicas que son parte do temario van ver como xa Yosso xa a usaba e despois vano facer eles», explica Figueroa.
Os que non teñen esa asignatura, xa que veñen de primaria e secundaria, poden escoller «facer a mesma técnica ou facer unha versión libre inspirándose nos cadros elixidos ou en calquera outro que lles gustara do museo», aclara a técnico do servicio de Información Turística do Bolo.
«Ademais de visitar o museo fixeron esta actividade práctica de pintura na que reinterpretaran cadros do artista de Valbuxan. Esta actividade fíxose dentro do pavillón polideportivo do Bolo, ao lado do museo», subliña Soledad Figueroa.
Esta iniciativa do equipo de información turística do Concello do Bolo, de dar a coñecer entre os rapaces e rapazas de toda a comarca e fora dela ao artista de Valbuxán ca unidade didáctica, pon en valor a obra de Yosso e a cultura do Bolo en xeral. Os colexios que se acheguen a actividade poderán ademais visitar o castelo medieval ou a xoia do barroco galego, o Santuario das Ermitas.