
Na mañá deste domingo, 30 de abril, o Servizo de información Turística do Bolo atendeu a preto de 200 persoas da Asociación Galega de Autocaravanas no santuario das Ermidas, Museo Yosso e castelo medieval.

«Estivemos ensinando todos os recursos turísticos deste concello xa que moitos autocaravanistas usan estas visitas para coñecer lugares e despois volver con máis tempo. Damos as grazas a Protección Civil do Bolo pola axuda e ao Concello da Veiga por poñernos con en contacto con esta asociación para poder ofrecerlle os nosos recursos naturais e turístico», subliñan desde o servizo turístico do Concello do Bolo.

O Bolo ten moito que ver e moito que amosar e desde o Servizo de información turística do Bolo están empeñados en que se coñeza este territorio. Os muiños ou os miradoiros como o de Cambela, Celavente ou Chandoiro tamén son outros puntos de interese do concello, así como a Semana Santa e a súa festa da Vitela.
