A praza do Concello do Barco acolle un novo Maratón de Lectura

Dia das Letras Galegas en O Barco

Pepe Fernández: «O Obxectivo é a saída da lectura á rúa e que teña a visibilidade de acto colectivo»

Desde hai 19 anos, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, celébrase no Barco un Maratón de Lectura organizado por Vagalume Valdeorras.

Librería Praxis foi a primeira organizadora do evento pero, desde que naceu a Asociación Cultural, Educativa e Social Vagalume Valdeorras é este ente quen o organiza. Pepe Fernández, presidente da asociación, así o desvelou na entrevista feita por Raquel Cruz en Radio Valdeorras Onda Cero o pasado xoves. Se queres escoitar a entrevista completa dálle a seguinte ligazón

Fernández recordou anécdotas ocorridas durante estes 19 anos, entre a que destacou a dunha nai e unha nena que aínda non sabía ler era quen de interpretar os pictogramas mentres a nai lía as letras. «Aquelo foi a  mellor lectura, porque a interpretación da rapaza era moi particular co cal saíu un texto do máis orixinal. Ó autor non se lle houbera ocorrido nunca», explicou.



O Maratón de Lectura non pasa polo mellor momento, segundo o presidente de Vagalume. «Houbo anos que se comezaba ás 11:00 e rematábase ás 23:00 horas», apuntou. Doce horas lendo, na que non se perdía un só segundo. «Incluso moitos rapaces e rapaces aproveitaban o Maratón de Lectura para dicir: ‘papá, mamá teño que saír despois de cear que teño que ir a ler’. Nos firmabamos o número que se lle repartía a cada quen levaba o xustificante», recordaba.

O obxectivo era a saída da lectura a rúa, que non fora un acto individual. «Queriamos darlle esa visibilidade de acto colectivo» resalta. «Sentimos que a actividade non estea nas mellores condición e esperamos que se volva a retomar«, apuntou. É por iso, que desde a asociación que preside, pídese axuda aos colexios e, esperan que a labor de concienciación e motivación do alumnado, serva para fomentar de novo a lectura na rúa, aínda que séa un día ó ano.

O Maratón de Lectura é, unha lectura que sae a rúa, que se fai de forma colectiva e, que serve para que os rapaces se motiven na lectura, quiten o medo a ler e descubran que a través da lectura chegan a coñecer moitas cousas e mi interesantes.

A cita cos libros

é mañá domingo 19 de maio a partir das 11:00 horas.