domingo. 21.04.2024
somoscomarca_obolo_festadavitela_2023 (60)
A Festa da Vitela (O Bolo) contará con 500 entradas este ano

O Concello do Bolo está ultimando os detalles da que será a decimo cuarta edición da Festa da Vitela. Un evento gastronómico clásico neste concello que este ano celebrarase o día 30 de marzo, ás 14 horas, no pavillón polideportivo do Bolo. Nesta edición haberá como novidade a posta en marcha dunha feira de produtos tradicionais no que os produtores locais terán prioridade.

A Festa da Vitela contará este ano con 500 entradas para degustar un menú composto a base de sopa, vitela (carne de tenreira) e chourizo, ademais das sobremesas locais compostas por roscón e bica e o café. As entradas poranse á venda a partir do 10 de marzo e aínda está en proceso de organización onde se poderán comprar.

O prezo será de 18 euros por persoa. Este ano para o fin de festa haberá unha discoteca móbil que se instalará no recinto exterior do pavillón. Nesa zona instalarase unha carpa na que ademais da música despois da comida estarán os postos da feira de produtos tradicionais.

Nestes intres hai confirmada a asistencia de produtores de embutidos locais, xamóns, mel e viño. Ademais están invitados outros elaboradores de queixos, aceite, licores e artesanía. Todo aínda está en fase de organización. Os postos estarán abertos dende as 11 da mañá ata as 21 horas e estarán amenizados pola música no recinto e un bar.

A Festa da Vitela (O Bolo) contará con sorpresas este ano