miércoles. 28.05.2025

A primeira parada das Xornadas de Folclore é O Barco

Hoxe martes 13 de agosto estarán os grupos de Colombia, Taiwán e Serbia ás 22:30 horas no Malecón. Onte luns arrincaron en Ourense

undefined
As XXXIX Xornadas de Folclore xa arrincaron en Ourense.

A 39ª edición das Xornadas de Folclore de Ourense comezou a súa andadura coa tradicional e colorida cerimonia inaugural na que participaron os representantes das agrupacións que amosarán o folclore de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán pola provincia.

inauguración_xornadasfolclore_2024
Inauguración Xornadas de Folclore.

Esta cita co folclore de diversas partes do mundo está organizado pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes Concellos que acollen este evento.

A Escola de Danza-Castro Floxo da Deputación foi a encargada de amosar aos visitantes unha mostra do folclore ourensán neste primeiro acto das xornadas, no que os representantes dos seis países participantes subiron ao escenario ataviados cos seus traxes tradicionais. A cita contou ademais coa proxección dun vídeo para dar a coñecer aos visitantes os encantos da provincia.

Ata o próximo 21 de agosto as agrupacións Fundación Ballet Folclórico de Nobsa (Colombia), Ballet Folk. Instituto Tecnológico de Celaya (México), Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas (Panamá), Kud Srem (Serbia), Ballet Jammu (Senegal) e Yuan Yuan Dance Group (Taiwán) amosarán as súas danzas e música tradicionais en 16 vilas ourensás en horarios de 20:30, 22:30 e 23:00 horas. 

Hoxe martes 13 de agosto farán parada no Barco de Valdeorras ás 22:30 horas no Malecón. Actuarán os grupos folclóricos de Colombia, Taiwán e Serbia.

A primeira parada das Xornadas de Folclore é O Barco