A Xunta pon en valor en Valdeorras as axudas á dixitalización, innovación e sustentabilidade do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo visitou establecementos do Barco e da Rúa e destacou que estas achegas, dotadas con case 4 millóns de euros, beneficiarán a 664 negocios de proximidade e 64 obradoiros de artesanía.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén,visitou distintos comercios no Barco de Valdeorras e na Rúa. Acompañado por representantes do tecido comercial e empresarial da comarca — os presidentes da Asociación Empresarial de Valdeorras, Carlos Terán; e mailo da Asociación Centro Comercial Aberto, Jacobo Arias—, durante a súa visita, puxo en valor os apoios da Xunta destinados a impulsar a innovación, a dixitalización e a sustentabilidade do comercio local e artesanal.
Alén na visita realizada a Ana de la Puente en O Barco
Segundo explicou, estas achegas ―dotadas este ano con case 4 millóns de euros― beneficiarán a 664 establecementos de proximidade e 64 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e enmárcanse no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. O obxectivo é facilitar a adaptación ás novas tendencias de consumo, mellorar a imaxe dos locais, incorporar tecnoloxías que acheguen o comercio á clientela e avanzar no compromiso coa eficiencia enerxética e o medio ambiente.
La tienda de Moda Miranda X también recibió la visita del director de Comercio
As visitas realizadas a negocios como O Bambán dos Sorrisos, Doce ópticos, Miranda ou Ana de la Puente no Barco, e a Electrodomésticos Malira SAT na Rúa, serviron tamén para informar aos establecementos destas axudas, que poden chegar ata os 50.000 euros e cubrir ata o 80% do investimento en melloras de locais, adquisición de equipamento, eficiencia enerxética, material promocional sostible ou, como novidade, memorias técnicas de interiorismo.
En A rúa la visita se realizó a la tienda de electrodomésticos, Malira Aparellos
Alén destacou ademais que esta folla de ruta contempla outros apoios aos centros comerciais abertos (CCA), como o CCA O Barco, incluíndo accións de dinamización integral das contornas comerciais e programas de formación continua para os seus xerentes. En conxunto, o plan contempla 74 accións específicas cun orzamento global de 320 millóns de euros.
Döce Ópticos fue otro de los establecimientos visitados
Finalmente, o director xeral lembrou que continúa aberto o prazo, ata o 26 de setembro, para presentar candidaturas aos Premios do Comercio Galego 2025, que inclúen cinco categorías e buscan recoñecer o traballo, a innovación e a traxectoria dos profesionais do sector.