Esta iniciativa, na que tamén houbo participación valdeorresa a través dun dos programas levados a cabo por a asociación de xóvenes Valdeorras Vive
Un total de 20 xóvenes da comarca de Valdeorras e tamén de Turquía, Bosnia e Romanía fixeron parada hoxe no Barco de Valdeorras. Todo elo grazas ao programade mobilidade xuvenil que puxo en marcha "Valdeorras Vive". A actividade está enmarcada nun intercambio que ten como fin o de realizar o Camiño de Inverno entre Ponferrada e Vilamartín de Valdeorras.
No marco de "Xacobeo2021, The Winter Way" foron recibidos polo concelleiro de Turismo, Eladio Santos, e a edil de Cultura Margarida Pizcueta. Estos eventos englóbanse nos programas de Erasmus+, nos que a comarca acollerá 3 destas actividades.
A próxima xirará en torno ao ecoturismo e será para 30 persoas, mentres que o derradeiro terá como temática a tradición oral, entorno e meigas en Valdeorras cunha persenza aproximada de 38 participantes.
Tamén, dentro destes programas de intercambio, viaxarán ata Hungría e Romanía. Cabe lembrar que a asociación xuvenil "Valdeorras Vive" naceu no 2019 co obxectivo de ofertar unha alternativa internacional a xuventude valdeorresa, ademáis de discutir e formarse sobre diferentes asusntos de ecoturismo buscando un desenrolo sostible para a comarca.