martes. 21.05.2024
p_somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (6)

O monumento aos represaliados do franquismo, preto da Casa Río Cigüeño do Barco, volveu a ser o lugar elixido polo Ateneo Republicano do Barco para celebrar o 14 de abril. Unhas vinte persoas reuníanse neste acto de recordo da proclamación da II República.

somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (4)
Cobo entregando un caravel a Félix

Francisco Cobo foi o encargado de repartir os caraveis que os presentes depositaron ao pé do monumento, antes varios dos que alí estaban quixeron aportar o seu grao á celebración.

somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (2)
José María tamén tecibiu o seu

O primeiro en falar foi Félix García quen asegurou era un dia para conmemorar aos «nosos» antergos e engadiu a continuación: «O Día da República é moito máis que iso. A demais de recordar os que loitaron a idea que nos move aquí é a da igualdade. Naide está por encima de outro polo feito de haber nacido nun determinado momento».

somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (5)

Francisco Cobo avogou e desexou unha III República pero recoñeceu que «vai ser complicado» debido aos partidos antidemocráticos que están «saíndo» e «porque se censura contra a lei. Estariamos en mans dos novos pero cando hai reunións non acoden, despois non sei se o espallan ou non».

somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (7)
Sito poñendo o caravel no monumento

Charo pola súa banda asegura pelexar porque a xente xove se implique e ademais loite pola natureza, polas árbores. «A min a cousa combativa sempre me gustou».

somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (3)

Lolo Gómez pola súa banda sinalou que «no retroceso que estamos vendo nesta sociedade, sobre todo nas leis que queren facer certos parlamentos autonómicos como a da desmemoria, están poñendo no mesmo nivel ás víctimas e aos verdugos. Hai que facer unha certa pedagoxía para non deixarse atrapar pola sen razón», Recordou que no 2014 se iniciou unha querela polos crímenes do franquismo e o tivo que facer noutro pais».

somoscomarca_241404_diarepublica_ateneorepublicano_obarco (1)
Paco ao carón do monumento

Con un berro de: Viva a República! rematou o acto conmemorativo do Ateneo Republicano do Barco.

Viva a República!