A Virxe de Galir procesionou polas rúas de Éntoma á luz das velas
A trémula luz das velas e cirios acompañou á Virxe de Galir polas rúas escuras de Éntoma. Unha tradición que conta con más de 20 anos e, segundo nos conta Raúl Díaz, instaurou María López, unha mestra que «viña de Ourense e daba clases aos máis pequenos». «Fixo moitas cousas polo pueblo. Foi unha pena que marchara», conta Raúl con magoa.
A Virxe de Galir, o último domingo de agosto, trasládase polos devotos á igrexa de San Xoan, onde permanece até o 8 de setembro, data na que se celebra a súa festividade.
O sábado anterior á celebración da onomástica sae en procesión polas rúas de Éntoma, onde se apagan as luces do alumeado público. Entre rezos e cantos e portada por mulleres, a virxe «sae da igrexa e volve a ela», subliña Raúl. «Antes levabamos antorchas pero agora lévanse velas e cirios, tamén hai algún que outro teléfono alumeando», puntualiza.
O 8 de setembro será o día grande da festa na honra a Virxe de Galir e entón todas as celebracións trasladaranse á capela preto do Galir antes de que desemboque no Sil.