A Virxe de Galir procesionou polas rúas de Éntoma á luz das velas
Esta tradición instaurada por unha mestra que estivo en Éntoma hai máis de 20 anos lévase a cabo a fin de semana antes do día en que se celebra a festa á Virxe de Galir, o 8 de setembro
A Virxe de Galir procesionou polas rúas de Éntoma á luz das velas
A trémula luz das velas e cirios acompañou á Virxe de Galir polas rúas escuras de Éntoma. Unha tradición que conta con más de 20 anos e, segundo nos conta Raúl Díaz, instaurou María López, unha mestra que «viña de Ourense e daba clases aos máis pequenos». «Fixo moitas cousas polo pueblo. Foi unha pena que marchara», conta Raúl con magoa.
Virxe de Galir na Procesión das Antorchas
A Virxe de Galir, o último domingo de agosto, trasládase polos devotos á igrexa de San Xoan, onde permanece até o 8 de setembro, data na que se celebra a súa festividade.
Os cirios que se poden adquirir na igrexa iluminan á virxe
O sábado anterior á celebración da onomástica sae en procesión polas rúas de Éntoma, onde se apagan as luces do alumeado público. Entre rezos e cantos e portada por mulleres, a virxe «sae da igrexa e volve a ela», subliña Raúl. «Antes levabamos antorchas pero agora lévanse velas e cirios, tamén hai algún que outro teléfono alumeando», puntualiza.
A virxe chegando a igrexa de San Xoán de Éntoma
O 8 de setembro será o día grande da festa na honra a Virxe de Galir e entón todas as celebracións trasladaranse á capela preto do Galir antes de que desemboque no Sil.