viernes. 29.03.2024
somoscomarca_veigamuiños_nadal_adornos_navidad_2021 (7)
Veigamuiños e Tremiñá locen decoración de Nadal feita polas mulleres rurais

As Mulleres Rurais de Veigamuiños puxéronse mans a obra, nas semanas pasadas, para decorar tanto a parroquia da que toman o nome, como o barrio de Tremiñá. Os adornos están feitos con botellas de plástico e vasos de iogur. Para realizar as figuras máis grandes e as árbores de nadal utilizaron madeira.

Na praza do Buraco, hai un Belén feito con troncos vestidos coas roupas da Virxe, San Xosé e o Niño Xesús, a os que acompaña o boi e burriño deitado. De noite as luces iluminan este portal realzado de xeito enxebre.

somoscomarca_veigamuiños_nadal_adornos_navidad_2021 (6)
Adornos que están fronte ao belén na praza do Buraco en Veigamuiños

Na praza da Piña, o que loce é unha árbore realizada con rastreles nos que en cada un pode lerse unha mensaxe: amor, saúde, alegría, ilusión ou igualdade. Son desexos que estas mulleres lle piden ao novo ano.

somoscomarca_veigamuiños_nadal_adornos_navidad_2021 (1)
Árbore con mensaxes e desexos para o novo ano

En Tremiñá o que engalanaron foi o cruceiro, unha coroa de polas de pino, adornos reciclados de botellas e un taboleiro de madeira onde está pintado en cor branca o nacemento.

somoscomarca_veigamuiños_nadal_adornos_navidad_2021 (5)
Cruceiro de tremiñá adornado polas mulleres rurais

As árbores que se atopan a entrada da igrexa de Veigamuiños teñen adornos feitos con material reciclado e luces.

somoscomarca_veigamuiños_nadal_adornos_navidad_2021 (4)
Detalle do taboleiro onde se atopa o belén pintado

A Ponte Pombeira quedou sen arranxos de Nadal xa que as mulleres da asociación agardan a que se poden as árbores para así poder colocar os motivos navideños.

somoscomarca_veigamuiños_nadal_adornos_navidad_2021 (3)
Coroa que luce no cruceiro

Ademais destes adornos feitos polas mulleres ruráis, Veigamuiños e Tremiñá teñen moitas vivendas con luces para alegrar estas datas de nadal. 

somoscomarca_veigamuiños_iglesia_adornos_navidad_2022
Atrio da igrexa onde se colgaron os adornos feitos con materiais reciclados

Veigamuiños e Tremiñá locen decoración de Nadal feita polas mulleres rurais